LOGOUTcor
CURSOS
-
INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA. A partir do día 3 de novembro, organizado por Ollo de vidro da Coruña. Máis informacións e inscricións no telefono 981 244 355.
-
INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA. A cámara fotográfica, a luz, a iluminación artificial. Aberto a tódalas persoas interesadas maiores de 14 anos, a partir do 3 de novembro. 10 horas de duración. Impartido por Susana Gil. Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense.
-
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍAPARA A ESCOLA. O revelado en branco e negro. Pensado para docentes e estudiantes de maxisterio e pedagoxía. Na segunda quincena de novembro, en horario de tarde, de luns a venres e de 30 horas. Dirixido por David Mazaira Fernández, no laboratorio de fotografía da Ludoteca da ASPG-P, rúa Antonio Puga, 4-soto. Información sobre cota e demais detalles no teléfono 988 248 141
-
LABORATORIO FOTOGRÁFICO. Todo o relacionado co laboratorio de branco e negro. Aberto a tódolos interesados. A partir do 20 de novembro, con 10 horas de duración. Impartido por Susana Gil. Inscrición e realización na Casa da Xuventude de Ourense.
-
A CÁMARA FOTOGRÁFICA COMO INSTRUMENTO EXPRESIVO e TÉCNICAS BÁSICAS DE REVELADO EN BRANCO E NEGRO. Cursos de 20 horas de duración, que se desenvolverán os luns, mércores e venres de novembro na Casa da Xuventude de Verín. Grupos entre 12 e 20 persoas. Desconto do 25% para os que posúan o Carné Xove. Diploma de participación da ASPG-P. Inscricións: Punto de Información Xuvenil e Casa do Concello de Verín.
OUTRAS ACTIVIDADES
-
Cor de outono no Carballiño. O Concello do Carballiño convoca a presentar fotos relacionadas co Concello: paisaxe, patrimonio, actividades..., nun tamaño entre 40_50 e 13_18 cm como máximo e mínimo. A entrega farase no Concello antes do 18 de novembro. Hai tres premios de 50.000, 25.000 e 15.000 pts. máis trofeo e diploma para tódolos participantes. Farán a exposición dos premios e obras seleccionadas a partir do 19 de novembro, na Casa do Concello.
-
Concurso Fotográfico Casa da Xuventude de Chantada. Para menores de 30 anos. Tamaño mínimo de 18 _ 24. Tema libre cun premio especial para a mellor fotografía referida á vendima. O prazo de entrega pecha o 18 de novembro. Premios: Reproductor de Compact Disc, Radiocasete, Cámara fotográfica, e trofeo para a mellor foto sobre a vendima. Tódalas fotos exporanse a partir do 23 de novembro na Casa da Xuventude de Chantada.
-
Cogumelos de Ourense. A Xuntanza de Micólogos "Os Cogordos", realizará unha mostra fotográfica de setas, os días 14 e 15 de novembro, no Liceo Recreo Ourensán, coincidindo coa súa exposición anual de setas.
-
Conferencia "O mundo da fotografía" impartida por Jesús Rodríguez Montero. O 12 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Monforte
-
Presentación do libro "Alguén agarda que volva alí" de Maribel Longueira. Coa participación de Camilo Franco, Chus Pato e a propia autora. Na Librería Torga de Ourense, o 20 de novembro.
-
Safari fotográfico. "Ourense e arredores", o 22 de novembro, organizada por Ollo de vidro da Coruña. Máis información e inscricións no telefono 981 244 355
CURSORcor