9
LONGUEIRA Maribel LOPEZ ILLANA Arturo LOPEZ-TAPIA LUELMO Chema
Maribel Longueira
Sen título
Arturo López Illana
Sen título
Enrique López-Tapia de Inés
"Namib"
Chema de Luelmo
"Pequeño viaje a uno mismo"
A Coruña, 1951
Licenciada en Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 1972 realiza e colabora en actividades de interese plástico: cine, teatro, cerámica e pintura, centrándose na actualidade na fotografía. Fotografías súas foron publicadas en diversas revistas e xornais, así como na Guía da provincia da Coruña, elaborada por Francisco X. Fernández Naval e Xavier Alcalá, así como na da provincia de Ourense, elaborada por Camilo Franco e Francisco X. Fernández Naval, ámbalas dúas publicadas por Caixa Vigo. Súas son tamén as fotografías que ilustran o libro Habana flash de Xavier Alcalá. Recentemente publicou o libro Alguén agarda que volva alí, fotografías da vida na Habana, acompañada de textos de escritoras e escritores galegos, escolma dunha exposición que percorre diversos lugares de Galicia.
Madrid, 1962
Traballa como executivo en Correos. Adícase como afeccionado á fotografía de reportaxe, viaxando por varios paises asiáticos. Realizou exposicións individuais no Club de viaxes Marco Polo, Café La Unión, Pub Malabar, Centro fotográfico Look..., todos eles en Madrid.
Madrid, 1969
Cunha ampla formación específica, colabora dende 1994 coa axencia Nature, con fotografías publicadas en diversos medios: xornais, semanarios, guías de viaxe, etc. Son subliñables dous do ano pasado: unha reportaxe sobre Sudáfrica en Vinos de España, (nº 3), e un cartafol sobre Ecuador, no nº 179 da revista Foto. Varias exposicións colectivas e numerosos premios, sobre todo no eido da fotografía de natureza, como exemplo o 1º premio nesta especialidade no V Concurso Foto Sistema deste mesmo ano.
Bilbao, 1971
Licenciado en Belas Artes, conta con brillantes resultados en distintos concursos dos que citámo-lo último: 1º premio no certame de fotografía do Injuve, deste 1998. Ademais da súa participación en numerosas mostras colectivas, conta con tres individuais: "Sutura" en Xàbia (Alacante), 1997; "El muro de la cienaga" en Valencia e "Arder, vagar, imitar voces" no Tarazona Foto, no Mosteiro de Veruela, Zaragoza, estas dúas neste mesmo ano.
Exposición: I PREMIO INTERNACIONAL DE
FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA
Premios e obras seleccionadas nesta primeira edición do certame que Medicos do Mundo organiza en lembranza de tres dos seus cooperantes, Luis Valtueña, Flors Sirera e Manuel Madrazo, asasinados en Ruanda en xaneiro de 1997. Luis era fotógrafo de profesión. O premio, dotado cun millón de pesetas, escollido entre os centos de fotos participantes, foi para Luís Sánchez Davilla, pola foto "Sur Sudán". Tamén se concederon dous accésit de 125.000 pts. cada un a Genín Andrada e a Federico García Cabezón. Estas fotografías xunto con outras cincuenta integran a mostra.
No Museo Municipal de Ourense, do 20 ó 30 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
ALGUÉN AGARDA QUE VOLVA ALÍ. de Maribel Longueira.
«Isto que ven semella un exercicio de fisiognomia ­estudio da conducta e o carácter dos seres humanos polas súas características corporais, a expresión e os acenos­, mais non se trata aquí de estudia-la personalidade de cada un dos seres que aparecen nas fotogrfías, senón que o exercicio o que nos permite é descubrir nos rostros e acenos de xentes da Habana que Maribel Longueira soubo captar coa súa cámara algúns dos trazos esenciais do ser colectivo de Cuba, neste momento de trascencencia histórica para esa illa á que nos sentimos tan próximos. Logo ela decidiu dar un paso máis, combina-la súa propia percepción coa sensación que as fotografías e a palabra Cuba provocaban nos outros, e así pensou en enviar dezaoito das súas imaxes a dezaoito escritoras e escritores, que cos seus textos deron a estas outra dimensión. O resultado deste xogo é o que ven, imaxe e palabra xuntas de novo nunha homenaxe a Cuba e ás súas xentes». Francisco X. Fernández Naval. Con catálogo propio
Na sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 30 de outubro ó 30 de novembro.
CURSORcor