6
GARCIA CABEZON F GIL Xerardo GIL Xoan Carlos GOMEZ Carlos J
Federico García Cabezón
"¡Minas no, Solidaridad!"
Xerardo Gil
Sen título
Xoán Carlos Gil
Sen título
Carlos J. Gómez
"Ritos ancestrais"
A Coruña, 1951
Realizou estudios de fotografía e medicina en Santiago de Compostela. Traballou como médico rural no Courel. Desde 1985 expuxo regularmente as súas fotografías, en distintos lugares de Galicia e no Círculo de Belas Artes de Madrid neste mesmo ano. En 1997 puxo as fotografías de dous libros "En blanco y negro" e "Gambino".
Lalín, 1961
Cultiva dende hai anos unha fotografía a medio camiño entre o documental e a fotograrfía artística. Traballa con espacios e imaxes que configuran ese amplo mundo do patrimonio cultural e os museos son lugares ben coñecidos para a súa cámara. É fotógrafo principal de grandes mostras como: "Galicia no Tempo", "Gallaecia Fulget", "Santiago, camiño de Europa", etc. Ten fotografías en guías de museos, folletos de divulgación, documentos turísticos e reportaxes diversas.
Leva catro anos traballando para a delegación de La Voz de Galicia en Vigo, ata entón afeccionado. Comezou a fotografía no 86 de xeito autodidacta, levando varios premios en distintos concursos.
A Coruña, 1958
Profesor de Filoloxía na Universidade da Coruña. É membro do colectivo fotográfico "Ollo de vidro" co que participou en varias exposicións colectivas. Gusta de facer bodegóns, retrato e paisaxe.
Exposición: ENTRE MAREAS
Un suxerente relato iconográfico do mundo do mar. A pesca e os homes transitan por diante da cámara fotográfica de Xoán Carlos Gil, quen constrúe un relato e tamén un documento co seu obxectivo.
Na Casa da Cultura de Ribadavia, do 2 ó 30 de novembro.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposición: O LIÑO. MEMORIA E ESPERANZA DUN CULTIVO NAS TERRAS DA BAIXA LIMIA
Fai esta mostra un acto documental no que se rexistra a importante experiencia desenvolvida polo Museo da Limia e o Concello de Vilar de Santos de ensaia-la recuperación deste histórico e emblemático cultivo. Desde o proceso de plantación ata a faena da arriga están aquí representadas. Varios obxectos e pezas vencellados ó liño e o tecido do Museo Etnolóxico de Ribadavia complementan esta mostra.
Na Igrexa da Magdalena de Ribadavia, do 2 ó 30 de novembro
CURSORcor