15
RUA Manuel SANJURJO Tania TATO WITTIG Patric TXUEKA Txomin
Manuel P. Rúa
Sen título
Tania Sanjurjo
Sen título
Patric Tato Wittig
Da serie "Galápagos"
Txomin Txueka
"Pesca del atún"
Moaña, 1954
Técnico cultural e fotógrafo afeccionado, campo este último no que ten ampla experiencia sobre todo en retrato e reportaxe. Vén publicando en Galicia Internacional, Bravú, e habitualmente en Tempos Novos
A Coruña, 1974
Estudia Belas Artes na Facultade de Pontevedra e forma parte do colectivo coruñés "Ollo de Vidro" co que ten participado en numerosas actividades.
Friedrichshafen (Alemaña), 1969
Realizou os talleres "Desenvolvemento creativo dun proxecto fotográfico", con Manel Esclusa (1994) e "Caligramas de luz" con Joan Foncuberta (1995). En 1997 foi finalista no salón de "Caja de España", León; 2º premio no Concurso Hofmann, Valencia; e participou na colectiva "El álbum. Cuando la mirada acaricia", en Madrid. Neste 1998 leva participado na exposición colectiva "Cartógrafos e aventureiros: narradores de historias", Lleida.
Getaria, 1960
Correspondente gráfico en El Diario Vasco, entre 1985 e 1995. Na actualidade traballa como free-lance. Ten realizado exposicións individuais na Galería Hemen (Getaria) (1997); no Festival de Cine Latinoamericano, no Casino de Biarritz (1997); no Photomuseum de Zarautz (1998) e no Festival Internacional de Cine Vasco, no Centro Cultural L'Atalante de Baiona (1998). Tamén traballa en publicidade para empresas e institucións.
Exposición: MANDA TRABALLO
O mundo do traballo visto a través dos obxectivos dos membros de "Ollo de vidro". Dende o traballo doméstico ata as grandes obras, pasando pola denuncia de traballos marxinais. Todo isto baixo a mirada do heteroxéneo colectivo, que aporta dende imaxes de sutil beleza ata outras de subliminal repulsa. Fotografías de Antón Álvarez Formoso, Raúl Castro, Xosé Miguel Castro, Eduardo Castro Bal, Carlos J. Gómez, Manuel Lemos, Nando Mauriz, Xoán Mato, Tania Sanjurjo e Begoña Vázquez Cruzado.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 16 ó 30 de novembro.
Exposición: O PAÍS FLUTUANTE
de Anxo Cabada e Manolo P. Rúa
Dous fotógrafos déixanse levar pola inxenuidade da chegada ó Brasil. Brasil é o país onde o futuro sempre está aprazado. Hai quen vai alá buscando un café con sol, garotas e futebol pero bate coa festa da Conceiçao baixo o elevador de Salvador de Bahía, cun país de mil credos, de retirantes queimados polo sol do sertâo, visitantes do Cristo do Corcovado, vendedores de carne, aeroportos con carteis de "búscase" (nenas e nenos desaparecidos), grandes mercados do subemprego onde a xente se amorea coma nun interminable todo a cen da Amazonia onde unha profesora lecciona para 64 crianças ó ritmo do río do río dos jacarés, o arará, o macaco, a formiga azteca, a anaconda entre as cachoeiras da floresta... No país onde as orquídeas medran nas árvores mas não parasitam delas, as xentes buscan o futuro fuxindo do pesadelo das favelas, palafitos e casas flutuantes da ribeira dos ríos. Flutuar, en Brasil, é unha metáfora para escapar da fame.
No Museo Municipal de Ourense, do 17 ó 30 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
Exposión: FOTOTRABALLO'98
Os premios e as fotografías seleccionadas na segunda edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo. Aberto a reportaxes fotográficas (dunha soa fotografía ou series de ata un máximo de catro), contou cunha dotación de 400.000 pesetas en premios. Fotos de José Luís Abalo Abalo (accésit), Juan Luís Barceló Tafaner, Ana Elías Manén, Concepción Filgueiras Barro, José Antonio Gómez Bernal, Mariano López Gallego, Pol Martínez, Fernando Moleres (1º premio), Xaquín Novoa Sanz, José Edmundo Paz da Cruz, Xosé Rañó Bueno (2º premio), Ricardo Rocha Parga, Mª José Romero Lobeiras (accésit) e Txomin Txueka (accésit).
Na Galería do Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela, do 6 ó 14 de novembro.
CURSORcor