|
12
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||||||||||||
|
Luis Palma
"Memoria urbana", 1995
|
Marieta Pedregal
Sen título
|
Carmen Pérez
Sen título
|
Alberto Porres
Sen título
|
||||||||||||||||||||
|
Porto, 1960
Bolseiro en 1996 da Fundação Calouste Gulbenkian para a realización dun traballo que foi presentado publicamente na exposición "Memórias metamórficas" en Valencia. En 1998 é bolseiro do Ministério de Cultura/Centro Portugués de Fotografia con vistas ó desenvolvimento dun proxecto sobre a memoria industrial do País Vasco, coparticipado polo Museo San Telmo e a Deputación Foral de Guipúscoa. Este ano ten colgadas amais as súas mostras "Paisagens periféricas" e "Periferia/Centro/Periferia" en Portugal.
|
Madrid, 1955.
Interésalle o momento no que vive. Prefire ante todo a reportaxe social elaborada máis que a noticia de impacto. Traballou no xa desaparecido diario El Independiente. Na actualidade, é free-lance e publica nos xornais nacionais El País, El Mundo e Diario 16, en revistas españolas e europeas como Planeta Humano, Natura, Har, Har-Far..., e nas editoriais País Aguilar e Santillana.
|
Valencia, 1969
Licenciada en Ciencias Físicas pola Universidade Central de Barcelona. É fotografa autodidacta. Participou en exposicións colectivas en Lugo, Santiago de Compostela e Valencia (1995), Individuais en Córdoba, (retratos, 1996), e Bonn, Alemaña ("De Turquía a Nepal", 1998). Fixo a fotografía de portada do libro Etnische Minderheiten in Westeuropa (Minorías étnicas na Europa occidental), publicado pola Universidade de Bonn en 1996.
|
Tortosa (Tarragona), 1951
Enxeñeiro Industrial. Artista F.I.A.P. (1985). Excelencia F.I.A.P. (1988). Diversas exposicións individuais e colectivas, en España e no estranxeiro. Ademais de artigos en revistas ten publicados os libros: La España Gótica, Ediciones Encuentro, 1987; Tarragona: La part alta, Deputación provincial, 1990; e El Delta del Ebro, Museo Montsià, 1992. É asiduo nos Outonos Fotográficos.
|
||||||||||||||||||||
|
Exposición: EL MALESTAR URBANO DE LA GRAN CIUDAD
De Paca Arceo, Carmen Briz, Concha Delgado, Leticia Felgueroso, Germán Gallego, Isabel García, Santiago de la Iglesia, Javier S. Lázaro, Cristóbal Manuel, Natacha Martínez, Amelia Mondéjar, Juan Orejudo, Mara Page, Vinca Page, Marieta Pedregal, Nuria Piquer, Rosa G. Puche, Lluís Salom, Montserrat Santamaría, Alonso Serrano, Jana Villarrubia, Laly S. Zambrano e Miguel Zavala, 8 fotógrafos e 15 fotógrafas que nos levan coa súas cámaras polas rúas, prazas e avenidas de cidades. Son fotografías que amosan os contrastes da vida con toda a súa crueza: un restaurante avellentado cun cartel que reza "cociña selecta" e unha pintada actual nos seus muros de "Ricos NON"; ou un anuncio que nos explica "o gusto pola pasta italiana" ó lado da protesta en contra da fame e polo 0,7 %. Pero os autores e autoras das fotos non esquecen, neste percorrido polas grandes urbes, as persoas que as habitan, xentes que buscan o seu propio espacio, pese ós que se empeñan en repetirlles: "Non hai sitio para ti". É xente de rula, que ás veces o pasa ben e outras non tanto. A mostra foi organizada dende a revista mensual Página abierta e ocolectivo "Liberación".
Na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras, do 2 ó 15 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposición: LA VIDA MONÁSTICA EN BIRMANIA
Os birmanos, maioritariamente budistas, cren que a existencia nesta vida se caracteriza polo "dukkha", é dicir, o sufrimento e a satisfacción imposible. Cren na reencarnación, polo que intentan gañar unha nova vida a base de acumular méritos: rezar, meditar, facer votos. Por todo isto o costume impón a tódolos homes birmanos efectuar dous retiros monásticos no curso da súa vida: o primeiro como novicio, que se fai entre os 5 e os 15 anos, e o segundo como monxe, a partir dos 20 anos. Gracias a Alberto Porres podemos coñecer un pouco mellor a vida destas xentes.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 17 ó 30 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposición: DE TURQUÍA A NEPAL
Unha reportaxe por estes cada vez menos exóticos países que se detén preferentemente nas súas xentes amosándono-la súa realidade. Fotografías en branco e negro.
No Studio 34, do 16 ó 30 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposición: UNHA PELíCULA DE PEL IV (EXTERIORIDADES ÍNTIMAS)
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||