|
11
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||||||||||||
|
Fernando Mencía Malleiro
"Geometría Urbana"
|
Fernando Moleres Álava
Da serie "Las termitas del mar"
|
Juan Miguel Morales
"Pekín en el barrio gótico"
|
Eduardo Núñez
Sen título
|
||||||||||||||||||||
|
Anchuras (Ciudad Real), 1963
Fotógrafo afeccionado fóra dos circuítos de concursos e exposicións, que por primeira vez se presentou a un, o Hofmann, e levou un premio. Confesa non ter un estilo nin unha técnica determinada; sinxelamente gusta da fotografía.
|
Orduña (Biscaia), 1964
Comezou a traballar como fotógrafo profesional free-lance en Sudáfrica en 1990. En 1991 e 1992 fotografa aspectos da vida en América, así como no Kurdistán e no Sáhara. En 1994-95 viaxa oito meses por Asia completando a reportaxe "nenos traballadores". En 1996 viaxa por Israel, Exipto, India, Turquía, Ruanda e Zaire. Ten numerosos premios: primeiro de Foto Press de 1991 --xa co tema dos nenos traballadores-- e Premio Juan Carlos Rey de España 1995, entre outros.
|
Almería, 1967
Cursa estudios de fotografía no Institut d'Estudis Fotografics de Catalunya (1991-1995). Dende moi novo colabora como fotógrafo e, nalgúns casos, como redactor en diferentes publicacións. Dende 1996 é xefe de fotografía na revista Enderrock. Das súas numerosas publicacións subliñámo-lo libro Retrats de cantants i músics (1996).
|
Rubiá (Ourense), 1958
Chega a fotógrafo profesional tras unha ampla traxectoria de participación en actividades de todo tipo no eido fotográfico: concursos, con moi bos resultados --entre eles o primeiro premio do II Certame Galego de Fotografía Xuvenil, en 1986--, exposicións, varias delas nos primeiros Outonos Fotográficos,... Foi un dos socios fundadores da Agrupación Fotográfica Ourensá, de feliz lembranza.
|
||||||||||||||||||||
|
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores, presididos polos tres primeiros premios: Fernando Flores Huecas, Patric Tato Wittig e Sara Zorraquino. Sete finalistas: Mª Luisa Gomes Rolim, José Mª de Luelmo, Buys Win, Cristina García Rodero, Antonio Rascón Arévalo, Manuel Villanueva Melgar e Enrique López-Tapia. Máis os corenta premios especiais a outros tantos fotográfos de España e de varios países europeos.
No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposición: IMÁGENES JÓVENES 1997
Clásico certame do Injuve que leva xa once edicións, testemuña e crónica da fotografía xove española, nesta ocasión con fotos relacionadas coa loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. Obras de Antonio Aragón, Tina Bagué, Rafael Carmona, Santos Carretto, José María Cornejo, Ana Costales, Julio Cuadrado, Javier Euba, Juan F. Hebles, Juan Miguel Morales, José Muñoz, Elisabeth Rojas e Miguel Romero.Con catálogo propio
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 30 de outubro ó 14 de novembro.
Na Casa Grande de Viloira do Barco de Valdeorras, do 18 ó 29 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposición: RETRATOS
Retratos de estudio de artistas uns máis que outros da cidade de Ourense, utilizando algún elemento próximo ó personaxe que o axuda a definir.
Na Sala Normal de Ourense, a partir do 21 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
Exposións:
ADULTOS Á FORZA
Amosa a realidade da explotación laboral infantil no mundo, no que traballan 250 millóns de nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 14 anos; 120 millóns fan o a tempo completo en condicións de manifesta explotación. A mostra está organizada por Intermón como contribución á "Marcha Mundial contra a Explotación Laboral da Infancia", con fotografías que lle supuxeron ó seu autor un terceiro premio na World Press Photo de 1998, no apartado "Daily Life Stories" e recentemente, no pasado maio, foron publicadas en El País Semanal (nº 1128)
Na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras, do 30 de outubro ó 9 de novembro.
FOTOTRABALLO'98. Os premios e as fotografías seleccionadas na segunda edición do concurso fotográfico organizado pola empresa de traballo temporal Nortempo.
Na Galería do Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela, do 6 ó 14 de novembro.
Exposición: PREMIOS HOFMANN DE FOTOGRAFÍA. 7ª edición, e 1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA
7ª edición dun dos máis prestixiosos premios fotográficos do Estado, con cinco millóns de pesetas en premios. Cincuenta autores. No Museo Municipal de Ourense, do 30 de outubro ó 15 de novembro.
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||